O sábado 26 de marzo Patrimonea& SIMPLY GALICIA organizamos o roteiro «entre pazos, fervenzas e corredoiras» no concello de Touro cun percorrido de 10 km apto para todos os públicos. A mediodía poderás quedarte a comer, se así o prefires, nun entorno único como é o pazo de Andeade (siglo XVIII). O prezo do roteiro co cocido é de 49€/persoaSe só queres asistir ao roteiro o prezo é de 15€/persoa. Se elixes quedar a dormir no pazo de Andeade poderás facelo por 50€ nun cuarto para dúas persoas. As inscricións fanse chamando ao 698 186 670 ou no correo info@simplygalicia.es. Se queres botarlle un ollo ao pazo esta é a súa web https://www.pazodeandeade.com/.

Ven a coñecer un dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia. Unha ruta deseñada para que poidas disfrutar da riqueza paisaxística e patrimonial das terras bañadas pola Ulla. Unha mirada profunda á paisaxe que che permitirá coñecer a súa evolución ao longo do tempo.

A ruta circular que disfrutaremos ten o seu inicio/chegada na igrexa parroquial de San Tirso de Cornado no concello de Touro. Ao longo dos 10 km disfrutaremos de fermosas fervenzas, impoñentes pazos da idade moderna e de antigas corredoiras que nos levan aos muíños de auga . O itinerario combina os mellores tramos da coñecida ruta PR-G 121 (ruta dos tres ríos) e a PR-G 233 (Fervenza Santa Marta ao río lañas) con outros sendeiros que nos achegarán a diferentes núcleos de poboación.