O concello de Trazo está levando a cabo unha campaña de promoción turística coa presenza dos blogguers Eva Abal e Dani Keral.💹O Goberno local aposta por posicionar o concello como un destino de turismo de natureza e patrimonio dentro do seu programa «Trazo: Porta Norte de Compostela». Esta iniciativa xorde nun momento clave para reactivar a hostalería e os negocios turísticos locais logo do impacto que sufriron pola pandemia que estamos a vivir.

📌Eva Abal visitou máis de 60 países (Namibia, Chile, Irán, Tailandia, India…) e participou en campañas para empresas Air Tahiti ou organismos públicos como Turismo de Gijón. O seu blog unaideaunviaje.com é unha referencia e sitúase entre os máis consultados polos visitantes da nosa comunidade. Actualmente colabora no programa «Quen anda aí» da TVG cun espazo adicado a narrar as historias das súas viaxes.

📌Dani Keral leva en activo dende o ano 2015 co seu blog unviajecreativo.com. É colaborador da revista Condé Nast Traveller e revista salvaje. Foi presentador do podcast de viaxes» el vuelo sonoro» en radio viajera. O seu blog está centrado en viaxes arredor do mundo e focaliza a súa escritura en temáticas como a etnografía ou a arte. 📲Podedes seguir o seu percorrido polo concello nas redes sociais (una idea un viaje, un viaje creativo e patrimonea) en historias destacadas e nos diferentes post de facebook.