Patrimonea ten o honor de ser a empresa encargada de redactar o proxecto técnico da primeira ruta de sendeirismo do Concello Trazo con comezo na coñecida área recreativa de Chaián e final na igrexa de Xavestre. Un proxecto técnico respectuoso co patrimonio e que inclúe a recuperación de elementos etnográficos de alto valor patrimonial.

📌Un roteiro a escasos 15 minutos de Compostela que combina o mellor dos itinerarios de bosque de ribeira con paisaxes elevadas sobre o cañón do Tambre. Elementos patrimoniais únicos como o muíño con lacenas ou os batáns. Sen dúbida unha ruta que vai dar moito que falar e que andar 🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃

Ponte en contacto con nós para o deseño de rutas de sendeirismo 

#turismodegalicia#Patrimonea#turismoactivo#rutasdesenderismo#proxectostécnicos