O roteiro do queixo de Arzúa
Esta experiencia permitirache descubrir en primeira persoa a paisaxe cultural na que habita o famoso queixo de Arzúa. Comezaremos cun roteiro de sendeirismo (fácil ou moderado segundo demanda. Opción bici) polas aldeas que rodean a esta famosa vila do Camiño de Santiago. Gozaremos dunha marabillosa paisaxe no que predominan os verdes pastos, o gando e os camiños tradicionais. No medio do percorrido faremos unha visita para coñecer unha queixería tradicional. Xa coas enerxías renovadas, retomaremos o noso camiño para coñecer os secretos que garda o pobo de Arzúa.