Ulla, o escondedoiro do Albariño
A denominación Rías Baixas asóciase habitualmente co territorio do mesmo nome. Con todo, as terras do Ulla tamén pertencen a esta denominación e teñen relevancia histórica desde polo menos a idade media. Así o testemuñan os estudos do historiador Huetz de Lemps.
Con Patrimonea poderás descubrir paisaxes espectaculares nas ribeiras do Ulla cun roteiro senderista (ou en bicicleta) feito á carta. E para finalizar, entraremos nunha adega tradicional para coñecer o secreto mellor gardado destas terras en forma de cultura vitivinícola.