Visitas educativas e formación
Programas de educación ambiental/patrimonial para escolares:
- Organizamos visitas para que os escolares poidan coñecer o patrimonio dunha forma divertida e respectuosa. Itinerarios sendeiristas e visitas para abordar temáticas curriculares como “a historia a través do patrimonio próximo”. Somos especialistas en didáctica das Ciencias Sociais en educación primaria e secundaria.
- Charlas e talleres formativos sobre a sustentabilidade e patrimonio en colexios, a través de materiais de deseño propio que incorporan a realidade virtual e aumentada. Deseño de produtos finais significativos (ABP).
- Deseño de itinerarios formativos relacionados co turismo e a súa potencialidade no voso concello/GDR... .Oportunidades e retos. Formación para o sector turístico local (márketing, marco normativo, turismo sostible, alianzas con axencias de viaxes, workshop, …).