Deseño técnico de roteiros
Somos especialistas no deseño técnico de roteiros de sendeirismo e cicloturismo para administracións públicas (concellos, grupos de desenvolvemento rural, grupos de acción costeira, deputacións, asociacións…). Contamos cunha ampla experiencia e numerosos casos de éxito.
Servizos:
- Estudo previo do territorio a través de mapas e sistemas de información xeográfica por parte dos nosos enxeñeiros. Traballo de campo para contrastar e recoller a información do estudo de definición de carreiro (EDS) necesario para a homologación.
- Estudo sobre a dispoñibilidade dos terreos para evitar posteriores litixios ou problemáticas relacionadas co trazado do carreiro. Elaboración de informes e tramitación dos permisos (ambientais, patrimonio, augas…) necesarios para a execución dos proxectos.
- Execución de traballos de roza e adecuación de camiños para a implementación dos carreiros. Colocación de balizas para sinalizar o itinerario.
- Traballo documental e bibliográfico sobre os recursos patrimoniais/naturais cos que conta o carreiro. Elaboración e maquetación dos paneis informativos incorporando realidade virtual e aumentada.
- Tramitación do certificado de homologación ante os organismos correspondentes.
- Programas de mantemento anual de carreiros.