Proxecto Patrimonea
Quen Somos
Ola! Son Darío, un namorado da Galicia rural que despois de anos percorrendo Europa (Irlanda, Francia, Suíza, Polonia, …) decidín poñer o meu coñecemento do turismo sostible ao servizo da miña amada terra.
Todo empezou en plena pandemia cando me aventurei a abrir unha conta en redes sociais para difundir recunchos e historias de lugares de Galicia máis aló do Camiño. Tiña a sensación de que a xente que vén coñecer a nosa comunidade queda cunha visión moi limitada do territorio e da cultura, xa que a case totalidade da oferta turística céntrase nos destinos tradicionais (Rías Baixas, Santiago, Vigo…). E como resposta a esta situación, nace Patrimonea.
Patrimonea é?
SENDEIRISMO
PATRIMONIO
CICLOTURISMO
TRADICIÓN
Por que sostibles?
O noso impacto nos ecosistemas é mínimo xa que as visitas son en grupos reducidos. Poñemos en valor o patrimonio divulgando valores que contribúen á súa conservación.
Apostamos pola descentralización do turismo con destinos por descubrir evitando a saturación (Ulla, Enciña dá Lastra, Courel, Valdeorras, rural galego, …).
Tecemos alianzas con provedores locais (restaurantes, aloxamentos…) que incorporan á súa oferta a alimentación de proximidade e as canles curtas de comercialización.
No contexto de despoboamento actual, contribuímos a un impacto económico positivo en comunidades rurais.
Contamos co selo de calidade Galicia Destino Sostible da Xunta de Galicia.
Patrimonea elabora roteiros diferentes, sen présas e para poder gozar e aprender. Visitamos lugares moi bonitos que serían imposibles de descubrir sen facer o roteiro. Parabén para Darío por todo o que sabe da súa terra e polo bo traballo!
Tatiana DG
Quedei encantada co guía e o roteiro, dunha dificultade baixa-media. Recomendo ir con el porque non está sinalizada e consta de puntos moi interesantes: fervenzas, muíños, miradoiros… ademais é da zona e dá moita información de carácter histórico.
Iria V
Un roteiro especial por Touro fóra dos carreiros sinalizados e homologados, merece a pena. Miradoiros ocultos, minas, fervenzas, balneario, natureza,… Darío é moi ameno e nótase que está orgulloso da súa terra.
Patri & Cía
Roteiro ben organizado, de moito interese e con guía facilitando abundante información dos fitos que atopabamos.
Jose Javier Álvarez
Natureza en estado puro e amor polo patrimonio da man de Darío, un crack!