Darío Rey da empresa local Patrimonea convidou a Gaston Marotta, un dos mellores youtubers de viaxes de España que acumula case 40 millóns de reproduccións en YouTube, a coñecer Touro durante unha xornada.
Gastón é un youtuber uruguaio con residencia en Valencia que se fixo coñecido polos seus vídeos ao redor do mundo. Recorreu dende o Machu Picchu peruano ou a Patagonia arxentina até aldeas solitarias no levante español en busca de historias e paisaxes para amosar aos seus seguidores. Na actualidade conta con 212.000 subscriptores en YouTube e 40 millóns de reproduccións en total, con vídeos que alcanzan 2,7 millóns de visitas. Unhas cifras que demostran o alcance que ten o seu traballo e o impacto que pode supoñer para unha zona como Touro en termos de posicionamiento turístico e visibilidade.
Durante a súa visita puido coñecer lugares como a carballeira de Brandelos e os seus baños mineromideciñais, o mirador de Pena, o Pozo do Pego ou as rutas de sendeirismo que atravesan este concello. Aproveitou a súa estancia en Touro para xantar na Taberna de Castro en Cornado e para coñecer o Pazo de Andeade, un lugar que o deixou impresionado pola súa beleza. Antes de marchar tamén tivo tempo para visitar o mirador do Coto de San Sebastián en Loxo e para acercarse a aldea da Toxa, onde fixo un pequeño tramo do camiño histórico a Santiago.
Gaston destacou a beleza natural deste concello e considera que é un lugar cun forte potencial turístico por todo o que atesoura, comparándoo con lugares de recoñecido prestixio como as Fragas do Eume. Sinalou que a súa proximidade a Compostela é un punto a ter en conta. Nos próximos días subirá o vídeo á súa canle de YouTube ( https://youtube.com/c/GastonMarotta) nunha reportaxe na que centrará a maior parte do contido no concello tourense.
Gaston acordou con Patrimonea volver nun futuro próximo e seguir explorando Galicia en proxectos conxuntos. Patrimonea adícase á realización de campañas de promoción turística para entidades públicas e privadas para o que @ interesad@as poden contactar no corrreo patrimoneaulla@gmail.com