Patrimonea será a encargada de guiar 3 roteiros do programa «TERRAS DE SANTIAGO, MÁIS ALÁ DE COMPOSTELA» do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela.
A primeira cita terá lugar o sábado 2 de setembro co roteiro do rego do Andoriña en Ames. 0 16 de setembro o programa chegará ao concello de Boqueixón coa proposta «o lexendario Pico Sacro». Finalizaremos o mes de setembro cunha nova proposta en Rois «entre castros e pazos» que incluirá unha visita ao pazo máis visitado de Galicia, O pazo do Faramello.
Podes consultar toda a información, así como anotarte, destas e doutras propostas do programa na web https://www.reservaonline.support/terrasdecompostela/index.html