Patrimonea foi a empresa encargada de levar a cabo o estudio técnico para a posta en marcha do primeiro roteiro de sendeirismo homologado do Concello de Padrón. O proxecto inclúe un itinerario que poñerá en valor recursos turísticos como as pesqueiras no río Ulla, o convento de Herbón, o fermoso núcleo de Xuane ou o maxestuoso Monte Meda.

Patrimonea é unha empresa especializada no deseño e execución de roteiros homologados de sendeirismo e cicloturismo.